de ondeUnha comprensión crítica, feminista, do escenario político, filosófico, económico e cultural é o que nos leva no ano 2018 a organizar Corentena Producións.
As nosas propostas débense á nosa militancia no feminismo galego. Neste sentido, somos incorruptíbeis, inasimilábeis, incorrexíbeis. Afortunadamente non se trata esta dunha aposta nova: houbo na historia das mulleres frutíferas aproximacións feministas ás políticas culturais capaces de elaborar ficcións e non ficcións con distinto signo ideolóxico. |
a ondeQueremos convertir os silencios en ruídos insoportábeis. Ruídos que esperten o odio necesario: un odio capaz de perfilar os límites da resistencia cultural feminista. Desenvolver novas temáticas, novos discursos para unha sociedade enferma e, como ningunha somos inmunes á afección, reinventarnos nós no proceso.
Como non podía ser doutra maneira, apostamos pola autoorganización tamén na cultura das persoas que nos identificamos como mulleres. A fin da historia, a fin do relato heteropatriarcal, insuficiente e inxusto, é inminente. |