Catro mozas chegan de madrugada á casa da amiga dunha delas: aconteceu algo do que non poden falar.
Para unhas, un relato de corazóns que son bombas de reloxería; para outros, unha historia de terror. Para nós, “Monstras” é a primeira webserie feminista de ficción e en galego feita por unha equipa integramente formada por mulleres e financiada grazas a un CROWDFUNDING do que tamén participaron distintas colectivas e entidades sociais! Longa vida á cultura orgánica compañeiras!